Monólogo dunha muller solteira; dunha mestra de corenta e sete anos que exerce nunha escola unitaria. No seu cavilar está presente a Galicia de hoxe (emigración a Europa, crise do mundo rural, ensino de galego, autonomía) xunto coa lembranza dun entrañable amor adolescente personificado en Tomás, un mozo aldeán que emigrou ó Brasil. Céntrase a evocación nunha aldea galega durante os anos da Segunda Guerra Mundial, con fames, represións, boleros de moda, problemas sociais, trasego de wolfram, guerrilleiros nos montes...