Periferia / Iolanda Zúñiga
1ª ed.
Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2010
503 p. ; 22 cm
Texto (visual)
sin mediación
Luciana é unha rapaza das favelas de São Paulo que se introduce no narcotráfico a fin de axudar á súa nai. Con todo, loita por preservar a lucidez nun mundo onde os rapaces se enganchan sistematicamente ao crack. A partir de entón, deixará de ser Luciana e converterase en Simone, iniciando un vertixinoso periplo vital que a levará ao encontro con Brown, o bandido de máis renome, con quen vive unha intensa historia de amor.
A partir dun argumento moi sinxelo e botando man dun sutil fío narrativo, Iolanda Zúñiga creou un universo literario contundente, complexo, denso, moderno e actualísimo co que se atreveu a construír unha novela do século XXI, poñendo cargas de dinamita nos piares da nosa propia concepción do que debe ser unha novela.
Ambientada na cidade de São Paulo, Brasil, esta novela céntranos nun mundo globalizado, onde a violencia, o caos, o narcotráfico e a desorde da megalópode, especialmente nas favelas da periferia, marcan os ingredientes da vida urbana no século XXI.
Premio Xerais de Novela, 2010







ISBN 978-84-9914-170-1
img
RegistroSignaturaBibliotecaDisponibilidadAcción.
002137628/2024/GBiblioteca TeatroDisponible