A través da Internet, un escritor descobre que existe alguén en México co seu mesmo nome e apelidos. Arrastrado por unha curiosidade adoecida, decide viaxar á afastada aldea de Tzataplán. Alí, nunha atmosfera de violencia e misterio, reconstruirá a identidade dese ser homónimo.