Xosé Luis Barreiro Rivas (Forcarei, 1949) é, probablemente, a figura máis representativa, emblemática, apaixonante e controvertida da vida política galega dos últimos dez anos. Amado por uns, odiado por outros, idealizado polos seus partidarios e mil veces maldicido polos seus inimigos, a case ninguén deixa indiferente. Este é o relato da súa ascensión irresistible e da súa caída, non menos fulgurante. Tamén é a crónica dos dez primeiros anos da autonomía galega vistos dende os despachos do poder, labirinto de intereses, ambicións e non poucas paradoxas. Aquel neno galego da Terra de Montes, fillo dun carteiro que foi estudiar a Comillas e prenderon nunha manifestación antifranquista en Madrid, tivo nas súas mans todo o poder. E perdeuno. De ser o máis amado pasou ser, case da noite para a mañá, árbore caída que as machadas fan rachóns. Algunha lección debe tirar o lector de todo isto.
ISBN 84-7507-520-7
Registro
Signatura
Biblioteca
Disponibilidad
Acción.
25476
8/1709/G
Biblioteca Teatro
Disponible
Modificar datos
¿Te gustan las cookies? 🍪 Nosotros usamos cookies para asegurarnos que tienes una mejor experiencia en nuestro sitio web. Leer más