¿Existe un erotismo feminino?¿Unha maneira de narrar e de enxergar as cousas máis propia da muller e que o home non atinxe, e viceversa? Os críticos non se poñen de acordo. Aquí hai seis escritoras e un escritor. Pero todas son Elas: a muller, as mulleres. Para avivar a polémica (ou quizais como simple xogo) ordenamos estas historias en dous volumes. Os homes, nesta ocasión, van á parte. Menos Manuel Guede, que ficou no camiño de entrevías.