A obra resume e sintetiza tres elementos básicos que aparecen expostos en todos os títulos de Jules Verne. Por unha banda, o seu interese pola ciencia e a tecnoloxía; pola outra, as descricións históricas e xeográficas que enmarcan cada un dos capítulos que conforman o libro e, finalmente, o seu propio ego, personificado nalgúns dos protagonistas do libro, especialmente no capitán Nemo.