O enfermo imaxinario é a última e unha das máis xeniais creacións de Jean Baptiste Poquelin, Molière. Nela reluce, talvez coma en ningunha obra, a vis cómica do autor francés. A burla contra a ignorancia dos médicos ten aquí un ton demoledor, na mellor tradición da sátira; porén, ao mesmo tempo, o retrato maníaco aprensivo, empeñado en estar enfermo a pesar da súa vigorosa saúde, vai máis aló da caricatura para alcanzar o disparate, o absurdo, no exento de comprensión e incluso tenrura, enlazando coas formas máis modernas do humor.