Willy Loman traballou como viaxante de comercio durante toda a súa vida para conseguir o que todo home desexa: mercar unha casa, educar aos seus fillos e proporcionarlle unha vida digna a súa muller, Linda. Ten sesenta anos e, extenuado, pide un aumento de soldo, pero llo negan e acaba sendo despedido “polo seu propio ben”, pois xa non rende no seu traballo como antes. Todo parece derrubarse para Willy: non poderá pagar a hipoetca da casa, e por riba, os seus dous fillos Biff e Happy, non conseguen abrirse camiño na vida. ¿Non se sacrificou Willy para que estudiasen e gañasen unha posición? A medida que avanzan as horas, os problemas de Willy Loman medran de xeito imparable, pero o viaxante vive outra realidade, noutro mundo: ¡soñou tantas cousas!. Foi un bo traballador, un bo pai e home: ¿onde está o erro?, ¿nel ou nos demais? ¿como pode mellorar a súa situación?