Big-Bang / Xoán Bernárdez Vilar
1ª ed.
Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 1996
145 p. ; 21 cm
Texto (visual)
sin mediación
En Big-Bang un grupo de astronautas chega ó Terceiro Planeta á procura de varios compañeiros misteriosamente desaparecidos. Entrementres, ten lugar a magna convulsión que produce uns cambios ambientais e ecolóxicos que case conseguen a amputación traumática da vida no planeta. os protagonistas convértense, así, en testemuñas duns feitos que contestan a boa parte dos interrogantes científicos que se viñeran forulando ó longo do relato.
Big-Bang é unha novela clásica de ciencia-ficción, xénero aínda pouco explorado pola narrativa galega actual, onde se mesturan moi acertadamente o desenvolvemento dunha aventura interplanetaria e as relacións interpersoais dun reducido grupo humano sometido a unha situación límite de supervivencia, coa reflexión sobre interrogantes científicos claves no momento actual, como a orixe do universo e de tódolos seres vivos. Unha novela que, afastándose de didactismos ó uso, constitúe, á vez, unha lectura trepidante e formativa.
Texto en gallego
ISBN 84-7507-977-6
RegistroSignaturaBibliotecaDisponibilidadAcción.
19688JUV/BER/bigBiblioteca TeatroDisponible