Nesta colección de contos os recursos dos diversos subxéneros populares mistúranse, os temas e subtemas mistúranse tamén, nunha nova creación na que se poden indentifica-los elementos pero na que tamén é ben doado descubrí-la man do narrador consciente de estar creando literatura, de camiño que narra unha historia tradicional ou unha historia construída como collage dende outras perspectivas.... Trátase de mostrar aquilo que pertencía ó pobo e chega a nós, outra volta, polo camiño da creatividade do narrador individual que é Xosé Antonio Perozo.