Brigitte Logeart naceu en Francia, onda a costa normanda. Pasou nesta rexión a súa infancia e adolescencia, antes de ir a París para traballar no mundo do cine, onde foi asistente de dirección durante dez anos. Despois de vivir algúns anos no Brasil, actualmente traballa como xornalista independente e escribe novelas. A presente é a súa terceira narración destinada ós novos.
O verán transcorreu xa polos quince anos de Zoé. Volve á súa vida habitual, cun desexo ben prendido no seu corazón: volver ver a Sean, o rapaz da illa de Jersey "perdido" que ela albergou ás agachadas na casa normanda dos pais da súa amiga Jo.
Nas seguintes vacacións de Pascua, vai ser ela a que "fuxa" a Jersey, ó reencontro de Sean. Unha experiencia, se cadra, precipitada...