É unha novela de aprendizaxe, e o seu heroe un optimista que asimilou as teorías do providencialismo leibniziano: crer cegamente que o mundo é un paraiso incluso vendo que, dende a primeira liña, a realidade vaise encargar de negalo. A estrutura ten un fío coductor claro: a viaxe, os ventos da vida levan de aquí para alía a Cándido, convertido nun xoguete do destino que percorre o mundo estragado polas catástrofes naturais, polos designios humanos e, sobre todo, polas relixións.