A vida dun grupo de amigos, desde a infancia ata a mocidade e a idade adulta, centra a historia que Virginia Woolf conta dunha maneira diferente e nada convencional. A escritora pescuda nas relacións entre a vida individual e os condicionamentos dunha sociedade e dun tempo: as arelas, os triunfos e tamén os fracasos, a sensación de unidade a carón da de illamento, o pasado e o presente como eixo da procura do senso da vida.