En Cemiterio de elefantes o protagonista é a noite, a noite como sinónimo de maxia, de complicidade, de vida, de esperanza, de encanto, pero tamén de erosión, de soidade, de clandestinidade, de anonimato, de silencio e de frustración. Cunha estrutura singular e ubicado no espazo xeográfico de Vigo, este libro cóntanos -con frescura, humanidade e ironía- historias nocturnas e urbanas cargadas de melancolía e humor que nunca nos deixan indiferentes