Unha lúa na fiestra / autor, Agustín Fernández Paz ; ilustracións, Fran Jaraba
Vigo : Galaxia, 1994
103 p., 2 h. : il. ; 21 cm
Texto (visual)
sin mediación
Cinco contos fantásticos cos nenos e as nenas como protagonistas.

Este libro está formado por cinco relatos que sorprenden polo seu carácter interactivo, pola súa perfecta adecuación ao traballo nas aulas e pola súa agradabilísima lectura. No conto que lle dá título ao libro, a nena que o protagoniza recibe durante a noite de San Xoán a visita dunha nova e rara amiga. A máquina do tempo propón a reflexión sobre un futuro que está en mans dos lectores. En A sombra do dragón, Marta experimenta a opresión e o medo a través da inxustificada dureza dun profesor. Tareixa e a cama máxica introdúcenos nunha aventura na que se mesturan realidade e imaxinación. O rescate das palabras conta a rebelión dos rapaces de Vilabranca contra as ridículas ordes dun gobernador empeñado en prohibir o uso de calquera palabra que conteña a letra P.
A partir de 9 años







ISBN 84-7154-905-0
RegistroSignaturaBibliotecaDisponibilidadAcción.
16711FER/lua/vBiblioteca TeatroDisponible