Cantiga para JA, artéllase en torno a tres claves fundamentais. A utopía, a cantiga e a praza. A utopía, un lugar onde a harmonía remata cos conflitos. A cantiga, percorrido retrospectivo polas principais revolucións sociais do século XX. A praza que, ademais de ser o lugar físico onde se desenvolve a acción, simboliza todas aquelas prazas que foron testemuñas de momentos históricos nos que confluíron violencia, amor e revolta. Unha peza que é expresión da utopía da convivencia e da revolución que inventou Jose Afonso a través da reescritura libre da historia recente de Portugal.
Título original: Cantiga para Ja. Place de la Révolution