Na presente colección de relatos, Alfonso Álvarez Cáccamo estende a súa peculiar ollada sobre situacións e comportamentos que se afastan da realidade cotiá, segundo unha constante doadamente recoñecible para os seus lectores, na que quizais sexa clave a especial mestura de humor e capacidade crítica en certa poroporción cun tratamento comprensivo e mesmo compasivo dos personaxes, dignos del, sen dúbida, por mor do seu parentesco secreto con seres humanos de carne e óso