Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo 1943-1981 / Miguel Barros
Vigo : Galaxia, imp. 2009
2 v. ; 21 cm
v. 1. Pensamento (407 p.) -- v. 2. Acción política (677 p.)
Para comprender unha das figuras fundamentais do galeguismo do século XX. Volume I: Pensamento O pensamento de Ramón Piñeiro resulta do esforzo hermenéutico para apreixar a idealidade que explica a acción política de toda unha xeración. Este libro pescuda no seu papel na reelaboración do herdo do galeguismo e na súa contribución á renovación da reflexión sobre a realidade dun país. Unha traxectoria que leva da idealidade do pensamento á acción política comprometida coa idea de Galicia como patrimonio político. Volume II: Acción política Neste libro ofrécese unha reflexión sobre o período que vai do ano 1943 a 1981. A figura central do seu protagonista, Ramón Piñeiro, resume as ilusións, angurias e fracasos que viviron e padeceron os compoñentes da mocidade galeguista -unha `xeración irrepetible`- que sobreviviu á Guerra Civil. Os mesmos que mantiveron viva a reivindicación dos dereitos políticos do pobo galego.
ISBN 978-84-9865-214-7
img
RegistroSignaturaBibliotecaDisponibilidadAcción.
00106237632/386(I)/PBiblioteca TeatroDisponible
00106237732/386(II)/PBiblioteca TeatroDisponible