Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións?Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes por cabeleira, A Cabeza de Medusa aborda a amplificación social da violación e tamén a procura dos amor(ot)es ventureiros, o papel do amor e a amizade na resistencia ao medo e á vergoña.
Texto en gallego
Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, 2008