Mencer Brillante nunca contara con verse ocupando o posto do seu pai no Iditarod, a grande carreira de trineos arrastrados por cans, que cubría máis de mil millas entre Anchoage e Nome. Era maravilloso oi canta-los patíns, senti-lo empuxe do vento, ve-la neve pulverizada e os cans correndo coas orellas recollidas. Mais tamén había perigos: a brétema cegadora que borou bruscamente o mundo ante os seus ollos, o alce que atrancou o seu camiño, e o xelo... sempre o xelo.