Ruido é un libro sobre a guerra e os seus desastres. Tamén sobre os homes e o seu comportamento en situacións límite. Os contos que forman este volume naceron das vivencias persoais de Miguel Anxo Murado no conflicto bélico que destrúe a antiga Iugoslavia, lugar no que o autor estivo a traballar como corresponsal de guerra.