Ánxel Fole e Á lús do candil / Luís Alonso Girgado, Armando Requeixo
Vigo : Nigra, D. L. 1997
124 p. : il. ; 21 cm
Texto (visual)
sin mediación
Ánxel Fole Sánchez (Lugo, 1903-1986) contribuíu decisivamente, coa súa obra contística, ó proceso de recuperación da nosa narrativa de posguerra. O seu primeiro libro de relatos Á lús do candil (1953), débese considerar entre os pioneiros dese proceso. Xornalista, poeta e dramaturgo —ademais de narrador—, Ánxel Fole, un ameno e impenitente contador de historias, afonda nelas na íntegra realidade do home galego: a terra, a lingua, a vida cotiá e, ó seu carón, os feitos misteriosos e inexplicables do ámbito do fantástico. O resultado é unha narrativa con personalidade propia, que xa no primeiro dos libros de Ánxel Fole xorde vizosa e madurecida.
[...] Luís Alonso Girgado e Armando Requeixo, que xa fixeran interesantes contribucións ó ámbito dos estudios foleanos, percorren agora a vida e a obra do autor para reparar con detalle nas páxinas de Á lús do candil e analizar a súa recepción crítica, a temática dos contos, os procedementos narrativos e as claves lingüísticas do que é considerado como o primeiro e fundamental libro de Ánxel Fole.
ISBN 84-87709-52-4
RegistroSignaturaBibliotecaDisponibilidadAcción.
17402821.134.4/ALO/anxBiblioteca TeatroDisponible