Operation timed out after 3001 milliseconds with 0 bytes received
A alfarería na literatura popular galega : cantigas, refráns, frases e modismos, adiviñas, formuliñas dos pícaros / [recopilado por] Alfredo García Alén
Vigo : Galaxia, D.L. 1980
118 p. ; 20 cm
Texto (visual)
sin mediación
Neste breve volume sobre A Alfarería na literatura galega, Alfredo García Alén ofrécenos unha abondosa colleita de cantigas, refráns, adiviñanzas, frases e modismos diferentes ós mestres oleiros da nosa terra, e á súa obra.
Trátase dunha valiosa aportación que o autor fai á literatura popular galega, nun eído non traballado ate o de agora polos estudosos do noso folklore.
Como xa fixeran outros investigadores do país en campos diferentes da literatura oral popular, García Alén adicoulle un teimudo e meritorio esforzo á recollida de materiais no mundo concreto dos alfares.
Nas páxinas deste libro, o leitor pode atopar así non só un cantigueiro e refraneiro sobre os propios artesáns e os seus traballos, si non tamén as cantigas e refráns nos que aparecen lembrados os topónimos dos centros alfareiros e o barro.
En troques dunha clasificación temática, García Alén seguíu a alfabética; pero afastando as adiviñas e formuliñas dos pícaros das cantigas, e as frases feitas e modísmos dos refráns.
A riqueza de vocabulario, de expresión e de inxenio que aparece nos textos aquí reproducidos, revela as características dun oficio rural enraizado na tradición popular galega, o mesmo que as de quenes o exercían, e as do ambiente que os arrodeaba.
ISBN 84-7154-369-9
RegistroSignaturaBibliotecaDisponibilidadAcción.
014608/102/GBiblioteca TeatroDisponible
192388/1053/GBiblioteca TeatroDisponible