«Contribución ao estudo da novela de protagonista infantil e xuvenil na literatura galega contemporánea» é un estudo crítico-literario onde a autora analiza, unha a unha, as obras máis representativas dos máis importantes movimentos literarios galegos de hoxe. O elenco seleccionado permite observar os avances da novelística galega en todos os aspectos, permitindo esbozar a personalidade e obra dunha serie de autores que foron decesivos no desenrolo da nosa literatura. O autor centróuse na novela de protagonista infantil e xuvenil por varios motivos, entre eles o grande número de narracións galegas que teñen a súa atención neste tipo de personaxes, así como a peculiar visión do mundo que un rapaz nos pode oferecer. Estas novelas sitúannos diante da realidade, pero dun xeito novo e orixinal: o mundo da nenez e da adolescencia nas súas diferentes facetas déspese diante de nós. A importancia que ten acadado nos últimos anos este tipo de literatura en Galicia esixía un estudo de conxunto, rigoroso e directo, como este de Pilar Lorenzo Rivas que agora a Serie Liminar engade á súa sección de lingüística.