Un ratiño, a piques de ser papado por unha donicela, dille que para facer unha sopa de roedor moito máis saborosa precisa ingredientes de moitos contos. Entón, o astuto protagonista deste libro comeza a contarlle historias que a deixan completamente encandeada... A finalidade dos contos de Lobel -fábulas na súa meirande parte- é conseguir que os nenos e nenas aprendan a ler dun xeito divertido.