Dende moi pequeno, pintábao todo: o frigorífico, a cama, as paredes… Un día descubrirá unha enigmática mancha negra sobre un papel en branco e intentará descifrar o seu misterio. Vinte anos dunha obra creativamente divertida.
Ao pequeno Moncho gústalle pintalo todo: a cama, o mantel, a neveira e mesmo o seu propio avó... Logo dunha intensa xornada creativa, empéñase en averiguar o significado dunha mancha de pintura negra que descobre nun papel en branco. Ese borrancho parece transformarse a ollos de quen deixe voar a súa imaxinación pero, na súa teimosa busca, Moncho non atopa ninguén capaz de darlle unha resposta. Kiko Da Silva constrúe un relato divertido e de gran calado que, cunha interesante proposta gráfica de moito colorido e impacto visual, aproxímanos ao mundo da arte e á alma do artista. Cada ilustración é unha escultura feita con cerámica e cemento policromado destinada a suxerir as distintas interpretacións que pode ter unha simple mancha.