É este libro unha pequena enciclopedia do pensar. Albume de retratos, feitos, comportamentos diante da vida, tirando a entroideira máscara do negativo esperpento...ese loito que sempre nos persegue. É pois un tratado de filosofía popular contada, e o que é máis difícil, entretida. É un importante aporte a cantos queiran estudiar ou coñecer Galicia máis e mellor, porque endexamais esqueceremos que coñecéndoa, querémola. Así as portas e as brétemas da tópica "Galicia máxica" abriranse.