Ó primeiro, Regine nin sequera quería falar con Jan, pois que este era polaco. Mais logo acabou namorándose del, ata que unha noite foron sorprendidos ámbolos dous pola Xestapo. Ela, mentres agarda agachada nun sobrado polo remate da guerra, pensa en como Jan, tan alleo ó odio como ó poder, cambiou a súa vida.