O xardín (1955) é un diálogo, na pracidez dun square parisiense, entre unha criadiña de servir que coida dun neno pequeno e unha sorte de quincalleiro que percorre vilas e mais vilas a vende-las chioladas que transporta na súa maleta. No fondo, unha metáfora en torno á vida da propia Marguerite Duras, para quen "o meu ser escritor cóntame a miña vida e eu son a súa lectora".