A sorte de espertar / Xabier Alcalde
Vigo : Galaxia, [1999]
127 p. ; 21 cm
Texto (visual)
sin mediación
A sorte de espertar é a narración sosegada e penetrante da amizade entre Aurora e Lidia, dúas rapazas que cursan o derradeiro curso de bacharelato e que vivirán xuntas un ano decisivo para as súas vidas. A familia, o instituto, as lecturas, a música, os amigos...As experiencias cotiás son o marco no que se desenvolven as expectativas de vida, os soños e a angustia das dúas protagonistas, moi distintas nas súas formas de ser e na súa maneira de enfrontarse ó mundo e, ó tempo, fortemente unidas polo poder da amizade.

Nesta novela, que supón a súa primeira comparecencia diante do público lector, Xabier Alcalde pon de manifesto unha inusual capacidade para a observación e a comprensión dos adolescentes e as súas motivacións máis fondas. Escrita con perspicacia e agarimo, A sorte de espertar é un relato que incita ó lector novo a abordar con serenidade a incerteza e a confusión vital propias das etapas de transición.







ISBN 84-8288-310-0
img
RegistroSignaturaBibliotecaDisponibilidadAcción.
224638/1229/GBiblioteca TeatroDisponible