O pequeno oso e o pequeno tigre son a esencia da amizade e a súa viaxe na procura do lugar ideal representa a madurez e a aventura cotiá. Un clásico entrañable que desprende humor, optimismo e inocencia.
A vida de pequeno oso e pequeno tigre experimenta unha viraxe cando, aboiando no río, aparece unha caixa que vén de Panamá e que arrecende a plátano. Dende entón, Panamá convértese no país dos seus soños e por iso deciden iniciar unha longa viaxe para chegar alí. Cunha tarteira vermella, unha cana de pescar y un pato-tigre de xoguete, emprenden un camiño no que coñecerán un rato de campo, un vello raposo, unha vaca, un corvo, unha lebre e un ourizo.