Fálame sempre / Cid Cabido
Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2003
149 p. ; 22 cm
Texto (visual)
sin mediación
Fálame sempre é o libro dun escritor con moito oficio e, a ninguén se lle oculta, unha das voces máis singulares da nosa literatura. O particular universo-mundo do limiao está aquí, discorrendo polos limpos carreiros do humor. Mais non só hai humor nesta obra de Cid Cabido: o autor sitúa os personaxes na corda frouxa, obrigándoos a tomar partido. Eis o relato «Outra vida cotiá», onde o protagonista se enfronta á tesitura de baixar polo pan e non volver á casa. Mais nada é o que parece. Aquí o equívoco ten visos dramáticos.
Nos dezasete relatos restantes veremos desfilar personaxes variopintos, como o inquilino do conto «O estraño caso de Cándido Costas Tobío», que arrinca nunha marcha pola supresión da peaxe de Rande, nun espazo aberto, e remata nunha lóbrega estancia. Logo aparecen os que fan casas con solainas á altura do tellado, e as mozas dunha chea de fulanos, o boom dos móbiles, os que están profundamente namoriscados, ou os que loitan contra as multinacionais coa única arma que teñen á man, a retranca, a mesma ironía de que se vale o autor ó longo de todo o libro. E mais tamén a neurose proxectada sobre unha poliña de castiñeiro, o medo ós que non son coma nós, a vinganza do neno —en quen todos nos recoñecemos— contra o mestre infame...







ISBN 84-9782-073-8
RegistroSignaturaBibliotecaDisponibilidadAcción.
002125078/2022/GBiblioteca TeatroDisponible