Pouco antes da morte do ditador Francisco Francos, nos primeiros meses do ano 1975, a Imprimerie des Gondoles de Choisy-le-Roi (preto de París) tiraba do prelo o poemario Reflejos en las orillas del Sena do marinense José Pastoriza Soto. Case medio século despois, esta edición tenta recuperar a obra, a figura e o contexro en que viviu e escribiu Pastoriza, un exiliado galego vítima do levantamento miliar de 1936. E houbo que agardar ese tempo porque, malia as esperanzas creadas pola caída do réxime franquista, na Transición as canles de comunicación entre a diáspora no exilio e as novas camadas populares en Galicia foron practicamente inexistentes. Só ficaron vestixios daquela xeración frustrada en obras que pasaron inadvertidas, como é o caso deste poemario social que Pastoriza publicou na capital francesa naquela altura e que tan só agora pode ser coñecido polo público galego.
Texto introductorial en gallego, texto de la obra en español