María Victoria Casares Pérez nacue na Coruña no ano 1922. Era filla de Gloria Pérez Corrales e de Santiago Casares Quiroga, xefe de Goberno da Segunda República. En 1931 a famillia trasladouse a Madrid, onde Maria comezou a facer teatro. Tras o golpe de Estado, a nena e a súa nai exiliáronse en París. Maria converteríase nunha das acticres máis admiradas de Francia e triunfaría, tanto no teatro como no cine, chegando a ser a musa de directores como Marcel Carné, Robert Bresson ou Jean Cocteau.
Pero María Casarès foi ante todo unha muller libre dunha vontade inquebrantable, perseverante e valente, pero tamén dunha fraxilidade conmovedora. Esta biografía escrita por anne Plantagenet lese como unha novela e narra con fluidez e precisión a historia dentro e fóra dos escenarios dunha galega que namorou de Francia grazas e a pesar das loitas, os escenarios, as cámaras, a gloria e a traxedia.