A fala de Vigo : trazos diferenciais da nosa variedade dialectal do Val do Fragoso / Xosé-Henrique Costas González ; Universidade de Vigo ; Concello de Vigo ; coa colaboración especial de, Ramón Anxo Martíns Seixo (EOI de Vigo) ; Asociación Faladoiros de Vigo
[Vigo] : Concello de Vigo, Servizo de Normalización Lingüística, 2025
72 p. ; 24 cm
Texto (visual)
sin mediación
Este libro xurdiu o día en que a Asociación Faladoiros-Vigo lle encargou ao catedrático da UVigo Xosé-Henrique Costas unha conferencia sobre "A fala de Vigo": En Vigo, a cidade máis desgaleguizada de Galicia, o galego aínda está presente pola rúa, nos buses e nos mercados, nos bares e nas tendas e, sobre todo, nas parroquias.
Nas parroquias de Vigo o galego segue a ser aínda hoxe a lingua cotiá ou maioritaria de non poucos veciños e veciñas. A estas persoas acudimos para recoller os principais trazos fonéticos-fonolóxicos, prosódicos, morfolóxicos, léxicos e fraseolóxicos do falar do Val do Fragoso, algúns deles trazos exclusivos do noso concello e outros moitos compartillados coas falas do suroeste de Pontevedra.