A fala de Vigo : trazos diferenciais da nosa variedade dialectal / Xosé-Henrique Costas González ; Universidade de Vigo ; Asociación Faladoiros de Vigo
[Vigo] : Universidade de Vigo, 2024
47 p. ; 24 cm
Texto (visual)
sin mediación
Este opúsculo xurdiu o día en que a Asociación Faladoiros Vigo lle encargou ao catedrático da UVigo Xosé-Henrique Costas unha conferencia sobre "A fala en Vigo". En Vigo, a cidade más castelanizada de Galicicia, é posible escoitar o galego pola rúa, en buses e mercados, en bares e tendas mais, sobre todo, nas parroquias.

Nas parroquias de Vigo (Alcabre, Beade, Bembrive, Bouzas, Cabral, Candeán, Castrelos, Comesaña, Freixeiro, Lavadores, Matamá, Navia, Oia, Saiáns, Sárdoma, Teis, Valadares e Zamáns) o galego segue a ser a lingua cotiá ou maioritaria de non poucos veciños e veciñas. A eles e elas acudimos para recoller e catalogar os principais trazos fonético-fonolóxicos, prosódicos, morfolóxicos, léxicos e fraseolóxicos do falar do Val de Fragoso, algúns deles trazos exclusivos do noso concello e outros compartillados coas falas do suroeste de Pontevedra.

En fraseoloxía recollemos máis de medio centro de refráns, frases feitas e locucións típicas do galego falado en Vigo. En léxico recollemos -como mostra- máis de 400 palabras características ou exclusivas do falar de Vigo. En ambos cassos sempre cun obxectivo concreto: que os vigueses e viguesas máis novos lembremos e a xente que veu de fóra aprenda como falamos aínda aquí, para aproveitarmos e reutilizarmos todas esas ferramentas e posibilidades lingüísticas no noso galego actual. Así é como falamos o galego as persoas naturais de Vigo.
ISBN 978-84-1188-027-5
RegistroSignaturaBibliotecaDisponibilidadAcción.
00106357180/394/PBiblioteca TeatroDisponible