Vindicación ; Vida e milagros de Pepe de Xan Baña en trinta anos de Cuba / José Baña Pose ; Xosé-Henrique Costas González, estudo introdutorio
Edición facsimilar
Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, [2021]
55, 223 p. ; 21 cm
Texto (visual)
sin mediación
Pepe de Xan Baña foi un xalleiro emigrante en Cuba. Seminarista, restaurador, articulista, polemista, rapsodo popular, amigo de Curros Enríquez, mestre e persoa implicada no decorrer das institucións galegas da Habana. Os seus contos e poemas popularizáronse de tal maneira que aínda seguen vivos na memoria dos maiores de Xallas, Soneira e Bergantiños.
Xan Baña escribiu numerosos artigos en prensa e dous libros: Vindicación. Vida y milagros de Pepe de Xan Baña en 30 años de Cuba (1921) e Suspiros da terriña (1922).
Vindicación é un libro que consta de dúas partes: a primeira é un conxunto de prosas en castelán que teñen como eixe central a figura de Curros e as tensas relacións entre os dirixentes das sociedades galegas.
A segunda, subtitulada Vida e milagros de Pepe de Xan Baña, é un monllo de poemas escritos para seren lidos entre os seus paisanos de Santa Comba. Son poemas saudosos e retranqueiros que constitúen un canto ás súas orixes, á súa terra, á súa toponimia, aos seus paisanos e a seus pais, ademais dalgún poema en defensa da galeguidade ou de tipo relixioso. O libro remata cun apéndice de retratos de dirixentes das sociedades galegas.
Esta segunda parte de Vindicación está escrita nun vizoso galego dialectal da Terra de Xallas, cunha admirable riqueza léxica e fraseolóxica e certas concesións a castelanismos e vulgarismos populares e, tamén, a algúns dialectalismos veciños, todos eles trazos típicos do galego da época.
Texto introductorial en gallego, texto de la obra en español y gallego
ISBN 978-84-17802-31-8
RegistroSignaturaBibliotecaDisponibilidadAcción.
0010615188/1934/GBiblioteca TeatroDisponible