Unha novela diferente. Unha historia diferente tamén. A protagonista do presente relato (home-muller na Galicia dos anos 50) introdúcenos nun labirinto de sensacións distintas, emocións e frustracións íntimas, terribles, ás veces grotescas, outras veces cheas de tenrura: a tenrura dos seres máis indefensos. Ela (el) vive traumáticamente a súa condición de home-muller, ser condanado á marxinalidade, no gume da navalla, e o narrador evoca en primeira persoa unha relación distinta chea de comprensión e de complicidades, de desconcerto íntimo e irrefrenable desexo. Unha historia de amor contada polo dereito, linealmente, e resolta nun plano poético, case panteista.
Premio `Café de catro a catro` de novela curta, 1988