ÁLVARO CUNQUEIRO OU OS DISFRACES DA MELANCOLÍA é un estudio no que o autor desvela a profunda dimensión humanística do escritor de Mondoñedo e a poética da esperanza que anima toda a súa obra, tan alonxada da literatura que nega a ilusión e o soño como fundamentos básicos da existencia. Por outra parte, a convicción de ser Álvaro Cunqueiro un escritor realista leva a Anxo Tarrío a procurar os modelos que están detrás dalgúns dos seus personaxes, como Merlín ou Sinbad. A melancolía, un sentimento que E. A. Poe considera como o máis sublime de todos cantos pode espertar a literatura, é o pouso que lle queda ó lector despois de recorrer as páxinas do narrador galego, que concebiu a súa obra como un galano de esperanza e de alegría frente ó máis profundo e tráxico da existencia do home.