Literatura galega : aportacións a unha historia crítica / Anxo Tarrío Varela
Vigo : Edicións Xerais de Galicia, D.L. 1994
578 p. ; 21 cm
Texto (visual)
sin mediación
Este novo libro de Anxo Tarrío é o froito dunha ducia de anos dedicados ó ensino, crítica e reflexión sobre o feito literario galego e de moitos máis de preparación no apaixonante campo da Lingüística, a Semioloxía, a Teoría da Literatura e a Literatura Comparada. Na cadea de manuais historiográficos da que xa pode presumir a cultura galega, e da que o autor se confesa debedor, a presente publicación ofrece algunhas novidades de interese no que se refire ó punto de vista e á metodoloxía adoptados e tamén pola maneira de amosar ó lector, con claridade expositiva e paso a paso, dende as súas manifestacións na Idade Media ata os nosos días, o proceso de formación dunha literatura que sempre rexurdiu mellorada gracias ó esforzo entusiasta duns poucos homes e mulleres que non perderon a súa profunda confianza nas posibilidades expresivas e estéticas do idioma galego.
A información bibliográfica que acompaña estas Aportacións, froito de numerosas e atentas lecturas, de seguro servirá para atallar moitos camiños á futura investigación e docencia da literatura galega. Pero quizais sexa a peculiar mestura de rigor e seriedade analíticos, con clara vocación de amenidade interpretativa, o que lle preste a este libro a súa dimensión máis salientable.
ISBN 84-7507-778-1
RegistroSignaturaBibliotecaDisponibilidadAcción.
16738821.134.4/TAR/litBiblioteca TeatroDisponible