L.H. / Ramón Caride Ogando. A rosa / Salvador García-Bodaño. Xoana de Castro atravesa a Quintana / Marilar Aleixandre. Jan Van Riis, xoieiro / Miguel-Anxo Murado. Tinta chinesa / Gonzalo Navaza. Campanario de pombas / Helena Villar Janeiro
O Concello de Santiago editou na primeira Semana do Libro de Compostela, no 2017, unha colección de libriños pensados para serviren, dun xeito modesto, de caixa de resonancia para escritores e escritoras relacionados coa cidade. Nesta segunda edición mantén a aposta polo libro e publica novos volumes: seis escolmas temáticas arredor de Liñas Paralelas, proxecto que naceu e medrou en Santiago. Cinco dos libros reúnen relatos escritos ata principios do século XX e traducidos á nosa lingua por Pepe Sendón e un sexto recolle un feixe de contos de autores e autoras galegos de distintas épocas que se desenvolven nas rúas de Santiago.