Un científico famoso morre en circunstancias extrañas, semellantes ás que aparecen nunha novela escrita anos atrás pola súa dona, de quen vive separado. Un dos fillos acusa á nai de ser culpable desa morte. A nai para defenderse escríbelle unha longa carta na que analiza o papel que os distintos personaxes tiveron naquela morte. Case perfecto obriga ao lector a tomar partido, a decidir se está asistindo ao relato dun crimen `case perfecto` ou dun desgraciado suceso, produto do azar.