Morning Star é unha novela de aventuras no vello estilo dos grandes mestres Stevenson e J.M. Falkner, de odios e amores, de sangue, crimes, tiros, coitelos, persecucións, paixóns e esperanzas, de gavelas de bandoleiros no século XIX, da busca dun tesouro e de dous rapaces procurando a liberdade, dun cego que toca a gaita e o violín e fala en verso, dun can braco burgalés, dun portugués con tres pegas amestradas e un ollo coma un ovo cocido, que ten o seu tobo na Pena de Anamán, do patibulario e toco Lázaro Rivadulla, da sublevación progresista nas rúas da Pontevedra de 1846, dun pozo cun esqueleto, da aprendizaxe da vida, dunha saudade coma un furaco no que cantan os grilos e dunha afastada estrela que brilla cada día soamente para quen sabe ollala.