Cando os animais falaban : cen historias daquel tempo / Xosé Miranda, Antonio Reigosa ; ilustrado por Andrés Meixide
1ª ed.
Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2002
119 p. : il. col. ; 26 cm
Texto (visual)
sin mediación
Cando os animais falaban trata sobre a orixe de moitos fenómenos naturais e conductas humanas, nun tempo en que os animais falaban entre eles e cos homes, e había paz e harmonía e todo na terra era benestar. Así o lobo comadreaba co raposo e a aguia co corrizo, os homes vivían no Paraíso e Deus andaba polo mundo facendo as cousas e os seres. Os contos que aquí vas ler están todos tirados da tradición oral galega, son contos que explican, á súa maneira, por qué as cousas son dese xeito e non doutro. Refírense ós tempos primitivos, os tempos da creación, cando se decidiu que as cousas fosen como son, que a cobra non tivese patas, que o río Miño baizara caladiño, que o sol tibese raios e a lúa cuartos, que a silveira dese amoras e a curuxa fose branca.Aquí nas túas mans tes, lector, os nosos mitos fundacionais explicados dun xeito inxenuo, plástico e fermoso. E esta explicación foi a que lles deron ós seus fillos as nosas xentes durante séculos.