Literatura e vida danse a man en Melodía de días usados. A escritora narra as súas vivencias cotiás nunha Compostela inzada de personaxes que semellan saídos da realidade inmediata, personaxes que xorden das húmidas pedras da cidade, esas que pouco a pouco quecen coa raiola da frescura e da autenticidade deste diario nado na Internet que agora a Galaxia chega transformado, con roupa nova e música leda para os lectores galegos.