Multiculturalismo e identidades permeábeis na literatura infantil e xuvenil / coordinación, Blanca-Ana Roig Rechou, Isabel Soto López, Pedro Lucas Domínguez
Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2006
266 p. : il. ; 24 cm
Os membros da Red Temática de Investigación sobre Literatura Infantil y Juvenil del Marco Ibérico (LIJMI), coa colaboración doutros investigadores convidados, reúnen neste volume un conxunto de achegas arredor do multiculturalismo e a representación da identidade na Literatura Infantil e Xuvenil, destinadas fundamentalmente aos mediadores entre o libro e os seus receptores e que pretenden converterse nun material de consulta útil á hora de desenvolver o seu labor. Tras dunha reflexión teórica arredor do tema proposto, o volume inclúe unha selección de obras pertencentes ao marco ibérico e a outros ámbitos lingüísticos que achegan elementos para unha interpretación da multiculturalidade, da convivencia do diverso, dende perspectivas como o contacto entre culturas, a recreación de situacións de convivencia ou de conflito, o tratamento das diferenzas e as transformacións que se operan na vida cotiá ou a presentación das particularidades que axudan ao coñecemento de culturas alleas. Catorce destas obras son obxecto dun comentario pormenorizado, co fin de facilitarlles aos mediadores unha serie de claves de aproximación a estes textos para o seu uso na educación literaria.
Textos en gallego, castellano, catalán, vasco y portugués
ISBN 84-9782-486-5
RegistroSignaturaBibliotecaDisponibilidadAcción.
0010614178/1905/GBiblioteca TeatroDisponible