Rosalía de Castro no seu tempo / Catherine Davies
Vigo : Galaxia, D.L. 1987
430 p. ; 20 cm
Texto (visual)
sin mediación
Rosalía de Castro no seu tempo, que ve agora a luz por primeira vez, é froito do labor e a paixón investigadora de Catherine Davies, que á hora de ralizar o seu traballo non se contentou con reseñar ou resumir o que xa se sabía sobre o tema, senón que se meteu nos arquivos a buscar datos que abrisen novos camiños de acceso ó coñecemento da vida e a obra rosaliás. O resultado é este libro.
Nel estúdiase a escritora galega en relación coa sociedade e a cultura do seu tempo. Aparece así unha Rosalía inconformista, que reacciona contra as ideas e os valores conservadores do seu tempo que se inserta na corrente do liberalismo radical que sen éxito intentou impoñerse na sociedade española do século XIX.
A vida e a obra de Rosalía contémplanse, polo tanto, desde unha perspectiva que permite comprender mellor o seu significado. Son episodios importantes deste itinerario a fidelidade ó ideario rexionalista, profesado por un pequeno grupo de intelectuais do que ela formaba parte, así como a presencia das ideas krausistas sobre a muller nalgunha das súas novelas ou o pesimismo e o escepticismo que lle provocou a derrota da alternativa radical. A autora do libro sostén as súas afirmacións dun xeito riguroso, que convriten o seu traballo nunha aportación fundamental á bibliografía rosaliá.
ISBN 84-7154-583-7
img
RegistroSignaturaBibliotecaDisponibilidadAcción.
12448821.134.4/DAV/rosBiblioteca TeatroDisponible