A Galecidade na obra de Guimarâes Rosa / Valentín Paz Andrade. Introducción de Paulo Ronal. Epílogo de Álvaro Cunqueiro
Sada, A Coruña : Edociones de Castro, 1978 imp.
230 p., 1 h., 7 h. : lám. ; 19 cm
Texto (visual)
sin mediación
De primeira ollada, o livro que o lector colle agora nas súas maos, pudera se ter por insospeitado. Maormente en razón da polaridade temática e do esforzo de pesquisición que conleva.Non tan a xeito viría supoñer que o libro fora inagardábel. Ao menos de nos guiar pol-os antecedentes do autor. Ven a conto lembrar aquí que na folla de servicios de Valentín Paz-Andrade como escritor galego, non é a de hoxe a primeira vez que se arrisca a unha aventura semellante. Non chega de novas a labourar na agra aberta, mas poucas veces doadamente abordadiza, do ensaio bío-literario.De quen xa fai anos ten probado fortuna con La Anunciación de Valle-Inclán ben se podería agardar que non lle faltaran folgos para compoñer, cal agora fixo, A GALECIDADE NA OBRA DE GUIMARAES ROSA. Aventura, a nova, moito máis valente e complexa, ultra-esixente na esculca de correlatividades e da cal o autor pode experimentar a ledicia de conquerir, cando menos, tres raiolantes obxectivos:—O de ter feito a descoberta en profundidade de un proceso de trasega cultural, fluente desde a Galiza ao Brasil ulterior, con impronta aínda avivecida e duradeira ao cabo de séculos, na fala e a vida do sertão rosiano.—O de dar cabimento no espectro crecente das letras galegas, a unha nova perspectiva etnolóxica, cara o fabuloso semi-continente ultraoceánico, onde a espiritualidade irradiada de fonte peninsular ten adequirido —ou está chamada a adequirir— o degráu máis outo do seu desenvolvimento.—E o de ter labrado, xunto do alarde de información e análisis, unha prosa axustada e cristaíña, con forza, transparencia i-enxebría a un tempo. Ou como escribe Paulo Rónai na Introdução, «facéndoo num estilo de flexibilidade e expresividade notaveis, aparentado ao que a prosa disertiva do propio Rosa ten de infinitamente matizador, torrencial e barroco...».