Das que integran a chamada "triloxía dos seres inexistentes", é sen dúbida esta, O barón rampante, a novela que consegue unha maior complexidade e perfección. Tamén se diferencia das outras dúas en que o tema de que trata no é ca tan fantástico, senón simplemente improbable. O argumento, que chega ata o final seguindo unha inexorable unidade de acción, concédenos unha vez máis a ocasión de retrotraérmonos a épocas pasadas: neste caso asistimos ós acontecementos sucedidos baixo das árbores ligures entre o derradeiro tercio do século XVIII e do primeiro cuarto do XIX, campaña napoleónica incluída.