Xavier Lama crea en Os moradores da nada unha abigarrada galería de personaxes imaxinarios, todos eles empeñados en facer burla dun Destino implacable. Nestes contos, que recibiron o premio Álvaro Cunqueiro de 1995, hai un saibo amargo e escuro, contrapesado por un humor que remata por adquirir unha fasquía tráxica e perversa.